Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 31 - 40. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 31 - 40. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de julio de 2010

PROXIMA PARADA QUE CHE DOE ?



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Próxima parada - 39
Como superaron a crise do 29 os Estados Unidos de América? Cos concursos de baile, "dancing non stop". Pois iso mesmo será o que faga Raimundo para aumentar os ingresos da taberna, xa que unha chea de xente, bailando durante horas e suando, acaba tendo sede, e pra apagar esa sede, hai que beber.

Que che doe ? - 40
Na clase de hoxe, a profesora, Sandra Faginas, levará unha caixa de primeiros auxilios para que entre todos vaiamos aprendendo novo léxico relacionado co tema; ademais veremos cales son os nomes de pequenas feridiñas que temos habitualmente mais que non merman a nosa saúde. Estudaremos algunha palabra esdrúxula e descubriremos que hai palabras das que nos pode sorprender a súa acentuación.

IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

martes, 27 de julio de 2010

A FAMILIA DE BO DENTE



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

A familia ? Ben, grazas.- 37
O tipo de familia tradicional mudou co paso do tempo e isto reflíctese na nosa sociedade, hoxe en Galego con curso imos falar da familia, do núcleo familiar tradicional e dos novos tipos de familia. Repararemos na diferenza entre primo e curmán e repasaremos os usos dos posesivos con nomes de parentesco.
De bo dente - 38
Na clase de hoxe imos aprender vocabulario relacionado cos alimentos, farémolo a través de dous xogos unha representación na que teñen que ir mercar a unha carnicería e por medio de debuxos de pratos xa preparados, ademais repararemos nalgún verbo relacionado coa cociña e en adxectivos que teñen relación cos estados dos alimentos.

sábado, 24 de julio de 2010

VISTEME A MODO CONSTRUCION



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Visteme a modo - 35

Neste Galego con curso imos vestir a un compañeiro espido, non é un dos concursantes, trátase dun manequín ao que lle iremos poñendo pezas de roupa e así aprenderemos os nomes de cada unha delas, estudaremos ademais sinónimos e antónimos de adxectivos que teñen relación coa roupa. Repasaremos algo das contraccións e da acentuación nalgunhas palabras agudas.


En construción - 36
Na clase de hoxe un alumno sairá debuxar unha casa, a partir dese debuxo iremos aprendendo as partes que a conforman, descubriremos ademais vocabulario dos elementos que poden ocupar a leira da casa. Veremos o grupo culto -cc- e -ct- na palabra construción e repararemos o uso da -v- en palabras coma vasoira ou varrer

IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

miércoles, 21 de julio de 2010

TI QUE LES IMPORTANTE PARTICIPAR



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Ti, que les? - 33
Hoxe dende Galego con curso ímonos achegar ao apaixonante mundo das bibliotecas, fuxiremos así da idea que moitos teñen de que nunha biblioteca só se pode ler, hai un mundo por descubrir que é necesario poñer en coñecemento de todos, aprenderemos algún léxico propio dos bibliotecarios ou arquiveiros e estudaremos como se conxuga o presente de indicativo do verbo ler, ademais formaremos o plural dalgún vocabulario que podemos atopar nunha biblioteca.

O importante é participar - 34
Na clase de hoxe, Sandra Faginas, a profesora, vainos agasallar cunha canción infantil que o alumnado deberá traducir e despois cantar con ela xa traducida. Falaremos dos xogos que tiñamos de cativos, veremos léxico de distintos deportes olímpicos por medio duns pictogramas, aprenderemos verbos que responden a accións que se desenvolven en determinados deportes, conxugaremos o presente de indicativo do verbo servir - deterémonos na súa alternancia vocálica- e repararemos na diferenza entre votar e botar.

IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

domingo, 18 de julio de 2010

COMO UN LIBRO ABERTO COMO E EL



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Como un libro aberto - 31
Hoxe internámonos no apaixonante mundo dos libros, coñeceremos as partes do libro e descubriremos o que significa estar no prelo. Falaremos dos novos soportes fronte ás follas de papel tradicionais: Ademais estudaremos as contraccións da preposición por e os artigos determinados e repasaremos as contraccións entre a preposición a e os artigos determinados.

E como é el? - 32
A todos nos gusta falar dos demais, con maior ou menor malicia, iso si, mais a todos nos gusta laretar. Hoxe na clase de Galego con curso o alumnado e a profesora van rexoubar. Imos aprender vocabulario de sentimentos e relacionar o substantivo, o adxetivo e o verbo dalgún deles. Ademais coñeceremos adxectivos que designan o noso carácter e os seus antónimos.