Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES 32 - 41. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES 32 - 41. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de mayo de 2011

EN PERIGO A METROS DA RAIÑA

XOSE EN LONDRES - 39

Xosé en perigo 3

Xosé tripite nunha manifestación na cidade de Londres. Unha vez máis, á xente sae á rúa. Desta volta non son só os estudantes, senón tamén o resto da poboación a que se manifesta en contra dos recortes do goberno de Cameron. Trátase de manifestación máis multitudinaria en moito tempo e alí estará Xosé, no ollo do furacán. Anarquistas, pais de familia, obreiros, nenos pequenos e Xosé no medio de todos, captando o sentir de todos.
XOSE EN LONDRES - 40 - Xosé a dous metros da raiña

Xosé vai estar máis preto que nunca na súa vida da raíña Isabel II. Como? A través dunha dedicatoria escrita por ela e que posúe un galego que Xosé vai coñecer en Londres. Trátase de José Ponte, natural da Campiña (Lubre-Bergondo. José traballou durante 40 anos nalgúns dos dos máis selectos clubes de Londres, a onde acoden altos mandos do exército, a familia real ou famosos en xeral. José contaralle a Xosé (case) todos os segredos e cotilleos que coñece sobre xente á que serviu como The Beatles, Lady Di, Muhammad Ali ou Isabel II.
Wikio

miércoles, 27 de abril de 2011

INTERCAMBIO XERACIONAL - PORTSMOUTH

XOSE EN LONDRES - 37

Intercambio xeracional
XOSE EN LONDRES - 38 - PORTSMOUTH

Xosé viaxa ata o Ferrol inglés, a cidade costeira de Porstmouth. Xosé visitará o seu porto histórico, onde se atopan algúns dos barcos de guerra máis impactantes da historia. Tamén falará cos nativos, cun acento inglés moi peculiar e difícil de entender. Comprará marisco (intentando aplacar un pouco a morriña) E atopará moitas semellanzas e diferenzas entre dúas cidades alonxadas, pero unidas ao mesmo tempo, Ferrol e Portsmouth.
Wikio

jueves, 31 de marzo de 2011

ARTISTADA AS SETE MARABILLAS

XOSE EN LONDRES - 35

Artistada
XOSE EN LONDRES - 36 - As sete marabillas
Wikio

martes, 15 de marzo de 2011

XOSE EN PERIGO DIA DE TRABALLO

XOSE EN LONDRES - 33

Xosé é dos que tropezan dúas veces na mesma pedra ou, se cadra, tres ou catro. Despois de que lle romperan a cámara e case o esmagasen durante a manifestación de estudantes á que foi, neste capítulo Xosé volve a outra manifestación. Neste caso "vai de marcha" polas rúas londinienses cos estudantes armados de pancartas e bengalas ata a sé do Partido Conservador para, ao final do percorrido, atoparse con exipcios ante a súa embaixada en contra do caído goberno de Mubarak.
XOSE EN LONDRES - 34 - Dia de traballo

Despois de moitos capítulos vivindo a vida do turista, Xosé volve contactar co mundo laboral en Londres. Faráo nunha empresa "touroperadora" onde traballa un vigués, Gonzalo, que leva residindo en Londres 4 anos. Xosé coñecerá o interior desta empresa cunha plantilla de 250 persoas, a maioría ingleses. Xosé entrevistarase co director da mesma para ver se poderían ter un oco para él como "touroperador". Despois da xornada de traballo, Xosé e Gonzalo relaxarán a tensión nun concerto no mítico barrio de Camden.
Wikio