XOSE EN LONDRES 53 - De visita nas igrexas mais coñecidas de Londres
Esta semana, Xosé fai exame de conciencia nunha das igrexas máis coñecidas de Londres, San Bartolomé o Grande, templo onde se rodaron numerosas películas como «Catro Vodas e un Funeral».
Neste capítulo Xosé vive un día completamente distinto ao que está acostumado en Londres. Xosé acode ao Concurso Internacional de Cócteis onde compite o coruñés Pablo Mosquera cun combinado inspirado no Camiño de Santiago.
Xosé compartirá os tensos momentos previos ao concurso con el e a súa familia, saberá se resulta gañador ou non (admítense apostas) e evidentemente catará algúns dos mellores combinados. Chegará presentable á casa despois de tan axetreado día?
XOSE EN LONDRES 52 - O 15-M en Londres
Xosé únese durante unhas horas ao movemento do 15M, concretamente á súa "delegación" en Londres. Alí conversará cunha das indignadas galegas, Andrea, unha ferrolá case recén chegada que non dubidou en unirse á iniciativa.
Xosé presenciará unha das asembleas do grupo, coñecerá a organización do campamento e saberá dalgunhas anécdotas moi curiosas que lles teñen ocorrido cos educados policías londinienses.
Neste capítulo Xosé acode ao acontecemento do ano ou se cadra do século, a voda real entre William e Kate. Alí, entre as rúas de Londres e armado coa súa cámara, Xosé tratará de gravar o paso dos noivos e todo aquel membro da familia real que se poña ao seu alcance.
Ademais conversará cos moitos fanáticos da realeza e da monarquía que se atopará por alí, como é lóxico, entre os centos de miles de persoas, haberá galegos cos que conversará Xosé.
Segundo especial de Xosé en Ucrania, seguindo moi de preto todo o que acontece cando se cumpren 25 anos da catástrofe de Chernóbil. Neste capítulo Xosé e César, o fotógrafo de La Voz que xa estivo alí 4 veces antes, falarán con algúns dos pilotos que participaron nas operacións horas despois de producirse a explosión.
Ademais, os nosos protagonistas amosaránnos o Museo de Chernóbil, onde se gardan documentos, obxectos e demais elementos que lembran a catástrofe.
XOSE EN LONDRES 48 - Xosé en Chernóbil III
Terceiro e último especial de Xosé en Chernóbil. Neste último capítulo Xosé e César viaxan ata a propia central, situada na cidade pantasma de Prípiat. César, gracias á súa experiencia e as numerosas visitas que xa realizou á zona de exclusión, desmontará algúns dos mitos que existen en torno á cidade.
Ambos farán unha "visita turística" impactante ao redor da central que nos porá os pelos de punta e que fará que o recordo de Chernóbil non caia no esquecemento.
Xosé non perde unha. Neste capítulo aproveita un vóo barato para facer unha escapada de fin de semana ata Escocia, concretamente a Glasgow.
Alí, baixo a choiva, apañarase para facer de guía turístico e levarnos pola cidade onde se atopa a «Corunna Street» e a estatua de John Moore, o xeneral que loitou na batalla coruñesa de Elviña. Ademais da parte arquitectónica e histórica Xosé tamén nos amosará a prenda de vestir máis típica, a saia escocesa. Atreverase a vestir unha Xosé?
XOSE EN LONDRES - 43 - Xosé en Finlandia (segunda parte)
Segunda parte das minivacacións de Xosé en Finlandia. Nesta ocasión veremos como Xosé se mete de cheo na vida finesa. Percorre as súas rúas, coñece os seus altos prezos, para despois rematar no xeado lago de Päijänne, un lugar incríble que Xosé coñecerá xeado, con xente practicando esquí enriba del, pero que no verán é un lago transitado por barcos.
Unha das imaxes máis espectaculares que se poden ver neste país sairá da cámara de Xosé: os barcos atracados e flotando sobre a superficie conxelada e a neve chegando ata dous metros de altura enriba do casco.
XOSE EN LONDRES - 44 - Na maratón de Londres
Xosé vai facer deporte por Londres, máis ben, xornalismo deportivo. Xosé acude ao famoso maratón de Londres, un dos máis importantes do mundo.
O noso home percorrerá, unhas veces a pé e outras en metro, os 42 kilómetros que dura o maratón polas rúas londinienses para rematar na meta e entrevistar aos peculiares personaxes que participan nesta carreira, organizada con fins benéficas. Desde un home-casa, pasando por un home-cubo de Rubik ata chegar a Hamlet, Xosé irá falando con todo aquel corredor que colla por diante.
Xosé, despois de dar unha volta polo "Tower bridge" de Londres e coñecer de primeira man o espectacular edificio do concello, trasládase á presentación dun libro de textos galegos traducidos ao inglés para exercer do que é, xornalista. Alí, entre viños e tapas, conversará cos galegos encargados da publicación e tamén co editor inglés que apostou polo idioma galego nunha nova colección da súa editorial.
XOSE EN LONDRES - 42 - Xosé en Finlandia (primera parte)
Xosé viaxa nesta capítulo a Finlandia. Aínda que pareza incríble, tocoulle unha viaxe nun sorteo dunha marca inglesa de Sidra. Grazas a iso, Xosé viaxa ata Jyväskylä, unha localidade finesa de 150.000 habitantes coñecida pola Universidade e o inmenso lago que a rodea. Nesta primeira parte, veremos como Xosé se prepara para afrontar os -10 graos que lle agardan e como é a súa chegada ao impresionante país dos mil e un bosques.
SI PIENSAS NO HACER HUELGA, HAZ CLICK EN EL CARTEL INFERIOR
angjo25@gmail.com
TODOS A LA CALLE
No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sin ideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios. Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.
NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOS, ESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ...
LA BOLSA - cuento del 26-11-2010 en HIPERBREVES - Verlo en Mi Lista de Blogs
La gente normal se hartó de la usura y, poco a poco, oficina a oficina, pueblo a pueblo, país a país, fue retirando sus ahorros de todos los bancos y cajas. Las grandes empresas financieras quebraron una detrás de otra, mientras los gobiernos se desgañitaban pidiendo “cordura” a los ciudadanos. Se cayó completo el castillo de naipes y las calles se llenaron de carteristas con corbatas desvaídas. En los caminos se apostaron bandas de asaltantes trajeados con retales. De nuevo trataron de hacerse con el dinero ajeno, pero actuando, ahora sí, como ladrones decentes.