Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES 12 - 20. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES 12 - 20. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de diciembre de 2010

ESCULTOR RIBADEO AZAFATA

XOSE EN LONDRES - 20
Escultor de Ribadeo
Un galego que chegou a Londres hai 7 anos e que se soubo buscar a vida moi ben. Miguel Ángel ¿Matrero? é un escultor de Ribadeo que un bo día colleu a súa furgoneta, meteuna no ¿ferry? e marchou para Portsmouth, e de aí a Londres.

XOSE EN LONDRES - 21
Azafara galega-francesa-xaponesa
Ao inicio do capítulo, Xosé atópase con dúas convidadas inesperadas na súa casa londiniense. Dúas convidadas que non son do seu agrado, polo que terá que desfacerse delas. Unha vez feita tal laboura, Xosé viaxa de novo ao barrio de Brixton, que xa visitou unha vez, pero desta volta para falar cunha galega-francesa-xaponesa que traballa como azafata para Japan Airlines.
Wikio

sábado, 20 de noviembre de 2010

BRIXTON KING´S CROSS MUSICA

XOSE EN LONDRES - 18
Visita a Brixton.
Xosé está exprimindo ao máximo a súa vida en Londres. Despois de ir tomar unhas pintas ao pintoresco barrio de Camden, segue explorando territorios míticos da cidade londiniense. Neste caso Xosé vai de paseo, máis ben de aventura ao conflitivo e musical barrio de Brixton. Este barrio foi escenario durante décadas de importantes disturbios raciais e ao mesmo tempo foi e segue a ser un dos centros musicais de Londres. De alí é David Bowie ou Morcheeba.

XOSE EN LONDRES - 19
Musica gallego-inglesa en King´s Cross

Wikio

sábado, 30 de octubre de 2010

ACAMPADA BIG BEN PUB BARMAN

XOSE EN LONDRES - 16
Acampada no Big Ben.
Xosé visita o lugar máis carismático da cidade do Támesis, o Big Ben. Pero, como non podía ser doutro xeito, algo se interpón na súa visita turística. Xosé atoparase cunha acampada ao mesmísimo pé do reloxo do Big Ben. Unha acampada de protesta, con aires de festival de Woodstock á inglesa, no que se concentran personaxes peculiares de todas as nacionalidades do planeta. Esta acampada leva meses instalada no Big Ben protestando contra a guerra en Afganistán e contra o armamento nuclear. Xosé mergullarase no ambiente hippie-reivindicativo e coñecerá aos individuos máis particulares que se atopan nese lugar. Ademais, ao final do día, visitará a Mireia, unha coruñesa que traballa nun banco.

PUB BARMAN EN CAMDEN - 17
Wikio

miércoles, 20 de octubre de 2010

DESAYUNO PAPA EN LONDRES

XOSE EN LONDRES - 14

XOSE EN LONDRES - 15
Neste novo capítulo Xosé vai vivir o día máis especial da súa estancia en Londres, da que se cumpren xa 4 meses. Xosé non vai ir buscar traballo, (cousa que deixou de man, por certo) nin vai visitar a ningún galego. Xosé vai ver ao Papa! Por primeira vez na historia un Papa pisa chan inglés... e alí estará Xosé, para ver como é o ambiente e intentar captar, coa súa inseparable cámara, o mítico saúdo que Benedicto XVI brinda desde sempre o seu Papamóbil. Nos prolegómenos do paso do Papa por Hyde Park, Xosé coñecerá personaxes de todo tipo... entre eles, sectas que pensan que é o anticristo, auténticos crintes, outros que pasaban por alí... Iso si, ingleses, poucos, por algo son maioría anglicana
Wikio

jueves, 7 de octubre de 2010

HOLLBORN BBC AFRICANOS

XOSE EN LONDRES - 12
Hoxe, Xosé atópase en pleno centro de Londres, en Holldorn, ao lado de Piccadilly Circus. A Axencia Británica de Seguridade Alimentaria creouse no 2000 para protexer ao consumidor nos temas alimenticios. Dani é un dos "funcionarios" da axencia.

XOSE EN LONDRES - 13 - BBC
Xosé segue co seu parón na busca de traballo. Agora anda á procura de festa por Londres adiante. Nesta ocasión, Xosé irá a un exclusivo clube da BBC, a mítica canle pública británica, para presenciar un concerto dunha banda na que toca un galego chamado Dani. A banda é Daniel Spiller and the Broken Record Project. Xosé adentrarase no exclusivo clube da BBC a onde só teñen acceso os traballadores da cadea. Ademais, Xosé coñecerá ao seu homólogo keniata, un africano chamado Joseph (Xosé) que tamén vai armado cunha cámara gravando aos africanos que se atopan na cidade do Támesis.

Wikio