Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES 22 - 31. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOSE EN LONDRES 22 - 31. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de marzo de 2011

LONDRES DE CINE MUSEOS

XOSE EN LONDRES - 31

Xosé segue coa súa boa vida en Londres. Neste novo capítulo, percorrerá algunhas das zonas máis turísticas da cidade, xunto a unha curtametraxista viguesa que estudou cine alí. Xosé e Adriana coñecerán por lugares emblemáticos onde se rodaron películas como Harry Potter, El Diario de Bridget Jones ou Juez Dredd. Ademais, para rematar o día, Xosé e Adriana colaranse no museo de arte contemporánea, na Tate Modern, onde visitarán a obra dun artista chinés composta por 100 millóns de pipas de porcelana feitas a man.
XOSE EN LONDRES - 32 - Museos

Xosé está moi cómodo no seu papel de turista. Así leva xa uns cantos meses e así semella que vai seguir. Neste capítulo vai de visita a un dos moitos museos de Londres, ao Victoria and Albert, onde traballa como restaurador un vigués xa coñecido do programa, Víctor Hugo. Xosé percorrerá as entrañas do museo durante unha exclusiva visita guiada que o levará ata a impresionante réplica do Pórtico da Gloria que alberga o museo desde hai de 150 anos.
Wikio

martes, 22 de febrero de 2011

XELIS DE TORO VOLUNTARIO

XOSE EN LONDRES - 29

Con Xelís de Toro.
XOSE EN LONDRES - 30 - Voluntario por un dia

Xosé segue sen traballar (tampouco é que se esforce demasiado en conseguilo) pero neste capítulo, polo menos, vai facer un amago. Como? Indo de voluntario a unha asociación caritativa onde tamén está de voluntaria desde hai máis de 20 anos unha galega da Estrada, Lola.

Xosé compartirá con Lola todo un día nas instalacións desta asociación que acolle xentes de Sudamérica ou de fala hispana, na súa maioría. Con eles verá os complementos que manufacturan, compartirá experiencias e rematará practicando unha das súas afeccións favoritas, comer. Neste caso, probará manxares da gastronomía colombiana. Ao final algo de beneficio sempre saca Xosé.
Wikio

martes, 8 de febrero de 2011

YORK HACKNEY CITY FARM

XOSE EN LONDRES - 24

Neste novo capítulo, Xosé en Londres fai un acto inesperado. Por decisión propia e sen dar conta a ninguén, Xosé abandona Londres e marcha ao norte de Inglaterra, concretamente a York. Unha fermosa cidade medio vikinga e medio medieval, situada a 300 kilómetros da cidade do Támesis. Alí Xosé pasará toda unha xornada, coñecendo máis a fondo a historia da cidade (de alí vén o xamón cocido, por certo)os seus costumes e sobre todo as súas xentes.

Unha poboación cun acento moi peculiar e sobre todo un ritmo de vida completamente oposto ao de Londres. En York todo pasa moi despacio e todos os veciños coñécense entre eles. En Londres as persoas non saben sequera quen é o seu veciño de enfronte.
XOSE EN LONDRES - 28

Xosé vai visitar unha granxa de porcos, galiñas e burros en pleno centro de Londres. O insólito lugar chámase "Hackney city farm" e está situado na parte leste da cidade, no chamado "East end", unha zona obreira, bombardeada durante a Segunda Guerra Mundial e que agora está moi activa e chea de novos artistas, músicos e deseñadores.
Wikio

martes, 4 de enero de 2011

BAR GALICIA LONDRES SACERDOTE

XOSE EN LONDRES - 24

Coa chegada do Nadal, a morriña pode con Xosé. Xosé necesita o contacto con galegos e para iso vai a un dos puntos de encontro máis emblemáticos, o bar Galicia, situado no famoso barrio de Portobelo. Ata alí vai Xosé, para compartir unhas cuncas cos moitos galegos que están no bar todos os días. Camareiros falando galego, clientes falando galego e por suposto, comida galega. Pero non só de galegos vive o bar Galicia. Entre os ilustres clientes do bar atópase o primeiro ministro David Cameron ou o peculiar alcalde de Londres, Boris Johnson.

Xosé coñecerá algúns segredos sobre as moitas visitas que estes dous convidados especiais fan ao bar Galicia. Unha delas, por exemplo, que en plena campaña electoral Cameron declarou ante as cámaras que ese era o seu bar favorito. Ou que Johnson, o alcalde, aparca a bicicleta ás portas do establecemento para ir directamente á súa mesa e pedir chipiróns, polbo ou outros produtos recén chegados desde Galicia. Estes e outros moitos segredos serán desvelados, cunha tapa de polbo de por medio.
XOSE EN LONDRES - 25

Primeiro capítulo de Xosé en Londres do 2011. Durante as vacacións do Nadal, Xosé regresou a Galicia. Aquí devorou tanta comida galega como para aguantar case todo o 2011 sen botar de menos a nosa gastronomía. Agora Xosé regresa a Londres para intentar refacer a súa caótica vida londiniense. Para iso vaille padir axuda ao mesmísimo Deus, a través dun cura, iso si, o cura Ernesto.

Ernesto é un sacerdote de Monterrei que leva 40 anos en Londres oficiando misas e axudando á xente. Onde? Na Capellanía Católica Española, un edificio situado no acomodado barrio londiniense de Bayswater, antiga residencia de Tony Blair ou Claudia Schiffer. A Capellanía onde oficia Ernesto é un lugar cunha historia asombrosa que Xosé coñecerá de primeira man. Alí acollía Ernesto aos centos de galegos que chegaban a Gran Bretaña nos anos 60, sen ter idea de inglés, sen teléfono móbil e sen un ¿duro? no peto.

Ernesto acollía, daba de comer e axudaba a buscar aloxamento e traballo a todo aquel que chegaba a Londres e se atopaba sen saber por onde empezar. Pero non só acollida, senón tamén reivindicación. Ernesto liderou actos reivindicativos contra as axencias de colocación que estafaban aos galegos prometéndolles de todo, para non ter nada. Nun deses actos reivindicativos, chegou a estar Joaquín Sabina actuando na Capellanía. Curioso, cando menos.

Wikio

jueves, 16 de diciembre de 2010

MUSEO COLECCIONISTA EXTRANJEROS

XOSE EN LONDRES - 22
MUSEO PARTICULAR DE UN COLECCIONISTA

XOSE EN LONDRES - 23
Amigos extranjeros en Londres

No novo capítulo da vida de Xosé na capital británica faremos un repaso polos moitos amigos estranxeiros que ata o de agora ten feito alí. Durante o seu periplo vital Xosé está a coñecer a numerosos galegos que, coma el, comezaron unha nova vida en Londres, algúns deles para non retornar en moito tempo. Ao mesmo tempo, mentres Xosé busca piso, traballo ou vai á compra, Xosé vén de coñecer personaxes moi variopintos e de tódalas nacionalidades.

Un camareiro musulmán que serve salchichas de porco, un cantante xamaicano e rockeiro á entrada do metro ou un carniceiro paquistaní especialista en degolar polos... son só algúns dos amigos que Xosé ten feito na cidade do Támesis ata o de agora. Retomará o contacto con eles nalgún momento?
Wikio