Sobre rodas 04 - V TELEVISION
1 -Victor e o frontman dunha das mellores bandas de musica surf que existen en Galicia, Santos Morcegos!!!?. A sua paixon e a musica e como non, os seus alumnos do Centro San Xerome da Guarda (Pontevedra). Cada maña, Victor recolle aos seus alumnos para logo darlles unhas boas leccions de Rock n´ Roll.
2 - Con tan so 17 anos, Abraham ten moi claro que quere profesionalizarse no mundo do Bicicross, nas modalidades de Descenso ou Four Cross por iso, acode a un Campionato Europeo para demostrar todo o seu talento sobre duas rodas e que algun equipo se decate do seu talento. O circuito converteuse nunha lameira pero Abraham non se amedrenta.
Sobre rodas 05
1 - Alberto traballa no estresante mundo das emerxencias sanitarias en Vigo. Cada día axuda ás persoas a trasladarse ao seu centro sanitario e di que o máis importante é non perder o bo humor e ter un gran sorriso no rostro.
2 - A outra testemuña do programa é Paula. A súa gran paixón é estar entre os fogóns inventando novas receitas que mesturan os produtos tradicionais galegos con outros máis modernos, por exemplo, a pizza de lacon Pois esta é só unha das exquisitas receitas que cada día leva de casa en casa, esta moza que traballou no restaurante que Martín Berasategui ten en Guipúscoa
VER EL PROGRAMA SIGUIENTE