Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 21 - 30. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO CONCURSO 21 - 30. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de julio de 2010

DOS PES A CABEZA



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Dos pés á cabeza - 29
Neste novo programa imos aprender o nome das partes do corpo humano, aprenderemos o xénero dalgunhas palabras que nos poden resultar estrañas e fixarémonos na grafía doutras que tamén nos poden levar a confusión. Veremos a acentuación dos monosílabos e a diferenza de grafía entre a terceira persoa do singular do presente de indicativo do verbo haber e o adverbio de lugar aí.

Tarde de picnic - 30
Os concursantes e a profesora, hoxe, marchan de pícnic, falaremos dos lugares onde adoitamos facer este tipo de excursións e aprenderemos o vocabulario de aqueles elementos que poderían formar parte da nosa cesta do pínic. Repararemos en como unha palabra estranxeira coma pícnic está totalmente introducida na lingua e é por iso que cumpre coas regras de acentuación do galego.

IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

domingo, 11 de julio de 2010

SOÑO DUHNA NOITE E TI DE ONDE ES



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Soño duhna noite de verán - 27

Na clase imos falar das estacións e das partes do día. Lembraremos como o termo primaveira é incorrecto fronte ao que moita xente cre; referirémonos ás distintas formas dialectais do termo verán e aprenderemos as partes do día, decatarémonos, estudando todo isto, de que para definir determinados momentos coma cando se pon o sol o galego posúe un léxido moi rico.

E ti, de onde es? - 28

No Galego con curso de hoxe trataremos os xentilicios, temos a sorte de contar entre os nosos concursantes cun nicaraguano, unha madrileña e un mallorquino, con eles e cos galegos aprenderemos nomes de vilas, cidades e países do mundo e os seus correspondentes xentilicios, ademais repararemos nos sufixos -cia e -za e no caso da palabra Galicia.

IR AL PROXIMO PROGRAMA

jueves, 8 de julio de 2010

HABIA UNHA VEZ REINO ANIMAL



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Había unha vez... 25

No «Galego con curso» de hoxe imos falar dos contos, todos coñecemos o conto de Carrapuchiña vermella mais de seguro que non todos sabemos de onde vén a orixe a palabra vermello, disto, dos contos, dalgúns adverbios e locucións adverbiais de lugar e da contracción da preposición a e o artigo determinado falaremos na clase de hoxe.

O reino animal - 26
Galicia é a segunda comunidade autónoma despois de Madrid con máis cans censados de toda España, este amor polos animais tiñámolo que reflectir no Galego con curso pero non nos queremos pechar a un só animal, así que hoxe imos falar dos animais que nos fan compaña en xeral.

Hoxe aprenderemos como a unha palabra como animal se se lle engade o sufixo -ada modifica, e moito, o seu significado. Ademais, estudaremos a formación do plural das palabras agudas rematadas en -l coma animal.

Wikio

domingo, 4 de julio de 2010

COMO TE CHAMAS DE VIÑOS



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Como te chamas? - 23

Na clase de hoxe imos aprender algún antropónimo galego, para isto realizaremos un role-playing, no que un par de concursantes terán que ir inscribir ao seu bebé no Rexistro Civil; aprederemos o significado dalgún apelido e repararemos nun diminutivo galego moi utilizado.

De viños - 24

IR AL PROGRAMA SIGUIENTE

sábado, 3 de julio de 2010

SESION VERMU RICO RICO



IR AL PROGRAMA ANTERIOR

Sesión vermú - 21

Chegou o derradeiro día de Galego con curso para este primeiro grupo de alumnas e alumnos. Estamos desexando saber quen é o gañador ou gañadora. Para non perder a alegría hoxe imos falar de música, dos tipos de música que hai e dos países cos que se relacionan, da nosa música tradicional e dun invento moi coñecido e que ten moito que ver coa música que é o karaoke.


Rico, rico - 22
Un novo grupo de concursantes acompáñanos neste día Luísa Álvarez, Carlos García, Rosa Veiga, Roberto Blandón, María do Carme Grobas e Cecilia García, acaban de chegar e xa os imos pasar ata a cociña, hoxe realizaremos unha receita moi coñecida e con longa tradición en Galicia, as filloas ou freixós, aprenderemos o xénero dos alimentos que imos utilizar e algunhas expresións gramaticais coas que expresar a cantidade.


IR AL PROGRAMA SIGUIENTE