Sobre rodas 37 - Infraestructuras y viales, carpinteros y carniceros - V TELEVISION
Fernando Regueiro é empleado de Extraco, unha empresa de construcción de infraestruturas e viales. Hoxe Sonia o acompañará nas tarefas de acondicionamento dunha estrada preto de Santiago. Será unha travesía moi divertida, con moito traballo e algunha sorpresa.
E de Rodiño a Lugo para coñecer a Marcos e Rubén: unha parella de carpinteiros que traballa dunha forma moi artesanal. Ensinaránlle a nósa presentadora algunhas das súas obras.
Nada que ver co que fai Abel, o compañeiro de Sonia na carnicería. É o que se encarga de facer os repartos e as tarefas do negocio mentres ela traballa aquí, na tele. Unha entrevista no camión que promete...
Sobre rodas 38 - A quitaneves de Manzaneda, o cura de Arboe os cristaleiros de Sarria.
O Sobre Rodas desta semana ven cargado... o primeiro de neve, xa que a nosa presentadora foi ata Manzaneda a coñecer a Santiago Fernández, o xefe da estación. Veremos como Sonia o axuda nas tarefas de limpeza das estradas, e algunha que outra sorpresa máis en forma de descenso...
E de ahí á Paradanta xa que a nosa presentadora poderá reconciliarse co Noso Señor grazas a Juan Luis; un párroco da diócese Tui-Vigo que da Misa en varios concellos da comarca.
Para rematar, os cristaleiros máis recoñecidos da Pobra de San Xiao (Sarria), Óscar e Raúl. Dous traballadores con moitas anédotas e un traballo que conserva moitos tintes artesanais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario