miércoles, 22 de junio de 2011

MILITAR RODAS PROTECCION CIVIL

Sobre rodas 39 - A recreación do General patton, e Asociación protectora de Animales sin Fronteras- V TELEVISION

En Coruña o Club Jeep Clásico y Militar de Galicia fai de cando en vez recreacións das tarefas que desenrolaba o General Patton na súa época. Neste caso, Sonia Noguerol será membro exclusivo deste colectivo por un día; para pasar revista as tropas do general e mailos seus Jeeps.

Toti é o propietario de Neumáticos Bertólez de Ourense, por fin un "Sobre Rodas" de rodas! Elementos indispensables dos que coñeceremos máis novidades neste programa. E de Ourense a Tui coas mascotas. Luisa, madriña da Asociación Animales sin Fronteras loita todos os días polo ben dos animais que non teñen fogar. Desta vez Sonia axudará a transportar ó veterinario algúns que precisan axuda apoiando a Luisa nesta causa con algo de comida para eles.
Sobre rodas 40 - O conductor de autobuses Estévez, Protección Civil de Ourense e o encargado dunha empresa de limpeza en Lugo

Carlos Torres leva once anos como chófer na empresa Estévez Autobuses. Un dos seus traballos e recoller ós traballadores que saen da fábrica de Citroën en Vigo, para levalos de volta a casa. Nesta andaina contarálle moitas historias divertidas das súas viaxes á nosa presentadora.

En Ourense coñeceremos ós traballadores e voluntarios de Protección Civil. Antonio Bello e Alberto García ensinaranlle a Sonia como se traballa a diario na cidade das Burgas. Veremos que tipo de emerxencias teñen que cubrir... Ademais, unha empresa de limpeza de Lugo cun nome moi pouco usual na provincia: San Froilán. Juan Francisco, encargado e supervisor da mesma, terá hoxe unha axudante de luxo que deixará impecable a nova nave da empresa.
Wikio

No hay comentarios: