martes, 14 de junio de 2011

FINLANDIA - MARATON DE LONDRES

XOSE EN LONDRES - 43 - Xosé en Finlandia (segunda parte)

Segunda parte das minivacacións de Xosé en Finlandia. Nesta ocasión veremos como Xosé se mete de cheo na vida finesa. Percorre as súas rúas, coñece os seus altos prezos, para despois rematar no xeado lago de Päijänne, un lugar incríble que Xosé coñecerá xeado, con xente practicando esquí enriba del, pero que no verán é un lago transitado por barcos.

Unha das imaxes máis espectaculares que se poden ver neste país sairá da cámara de Xosé: os barcos atracados e flotando sobre a superficie conxelada e a neve chegando ata dous metros de altura enriba do casco.
XOSE EN LONDRES - 44 - Na maratón de Londres

Xosé vai facer deporte por Londres, máis ben, xornalismo deportivo. Xosé acude ao famoso maratón de Londres, un dos máis importantes do mundo.

O noso home percorrerá, unhas veces a pé e outras en metro, os 42 kilómetros que dura o maratón polas rúas londinienses para rematar na meta e entrevistar aos peculiares personaxes que participan nesta carreira, organizada con fins benéficas. Desde un home-casa, pasando por un home-cubo de Rubik ata chegar a Hamlet, Xosé irá falando con todo aquel corredor que colla por diante.
Wikio

No hay comentarios: