V TELEVISION - BLOG DE XOSE EN LONDRES
XOSE EN LONDRES 59 - En barco polo Támesis Neste capítulo Xosé embárcase nun cruceiro polo río Támesis. A través desas míticas augas, Xosé coñecerá un perfil da cidade inédito. Partirá desde Greenwinch, onde se atopa o meridiano.
Pasará pola zona financeira dos rañaceos de Canary Wharf e chegará ata mesmísimo Big Ben cruzando por debaixo a impoñente ponte de Tower Bridge. Unha vez alí conversará con Pablo, un coruñés informático que, despois de case un ano en Londres, está encantado coa súa nova vida en Londres.
XOSE EN LONDRES 60 - Finlandia derretira I
Xosé abandona por uns días Londres e volta a Finlandia, á mesma localidade á que foi no inverno gracias a un premio que lle tocou bebendo sidra.
Desta volta visitará a fermosa cidade de Jyvaskyla durante o verán e contemplará as enormes diferenzas que se producen nos países nórdicos cos cambios de estación. A vista do lago, que a primeira vez visitou xeado e no que patinou, estará nesta ocasión derretido e con barcos navegando por el.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario