martes, 18 de octubre de 2011

COCIDO LALIN CARNAVAL LAZA

A Mochila do Viaxeiro 1
FESTA DO COCIDO DE LALÍN
Dende primeira hora da mañá, Marta Doviro introducese nos preparativos do día grande da 43 feira do cocido de Lalín.

Marta visitará unha cociña onde se preparan neste día máis de 300 cocidos, conversará co concelleiro de cultura e turismo do concello de Lalín, Nicolas Varela, así como cos participantes nas distintas actividades da feira, como o desfile de carrozas ou o capitulo xeral da encomenda do cocido.

Inacio Vilariño ou Roberto Varela, conselleiro de cultura, son outros dos protagonistas deste día festivo na vida da nosa viaxeira.

A mochila do viaxeiro 2

CARNAVAL DE LAZA
Marta Doviro viaxa ata a comarca de Monterrei, en Ourense, para coñecer o entroido de Laza, unha das celebracións con máis tradición de toda galicia.

Nesta ocasión, Marta falará con dous peliqueiros de Laza momentos antes da súa estrea, comerá a tradicional bica, asistirá á misa e beberá xastré, ademáis de conversar co alcalde do concello, José Ramón Barreal ou co presidente da D.O. Monterrei, Antonio M. Atanes.

Unha excelente ocasión para coñecer o singular e fascinante entroido de Laza.
Wikio

No hay comentarios: