Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico, e nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie terá unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.
Todos os temas tocados na serie documental son realidades que lles seguen a afectar aos intereses xerais do país e á vida dos galegos, polo que interesa coñecer o pasado usando un método expositivo que permita relacionar os feitos pretéritos coa actualidade.
Este primeiro capítulo de Historias de Galicia relata como os galegos foron habitando o territorio desde o castro á cidade moderna. Pero si algunha forma de asentamento é a nosa propia, esta é a aldea. As aldeas desaparecen hoxe a pasos axigantados e con elas van desaparecer formas seculares de entender a vida, un patrimonio etnográfico, paisaxístico e cultural que levou séculos crear.Wikio
jueves, 20 de octubre de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario