A Costa da Morte é unha potencia mundial en moitos sentidos, pero sobre todo, en milagres. O que ninguén sabe é porque todos os mariscadores enferman todo o ano e curan milagrosamente no vran e no Nadal.
Unha poderosa ameaza ten en jaque a Pinto e Cobiñas: a escaseza de vellos en Cormariñas. Pinto pronostica que en cinco anos xa non quedará ningún, e cos vellos desaparecen tamén os velorios, principal fonte de suministro de copas dos dous mariñeiros. E por isto que traza un plan maestro para evitar esta catástrofe.
Ricardito está facendo unha colecta para axudar ao pobo saharaui. Xa que Pinto e Cobiñas ían largar as nasas ao caladoiro saharaui, ofrécense para levar os víveres comprados cos cartos da colecta na súa chalana. O que pasa é que os aranceis pra navegar en augas internacionais, son carísimos.
Máis lle vale a Ricardito non andarse metendo nas cousas de maiores e ir xogar cos do seu tempo, pero Ricardito anda todo o día pegada a seu padriño coma unha lapa.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario