Sobre rodas 43 - Un policía local, o repartidor de Frutas Mavz e o repartidor de MRW de El Marisco no es Caro
- V TELEVISION
- V TELEVISION
Unha xornada con Manuel González, policía local de Ourense, da para moito. Coñeceremos de primeira man, cal son as tarefas rutinarias do corpo de seguridade das Burgas, sabendo as infraccións que estes traballadores perseguen de preto.
Frutas Mavaz é unha empresa que se adica a comercialización de froitas e verduras. Lenin Aguilera, un dos empregados que traballa pola zona sur de Galicia, guiará a Sonia nas entregas de mercancía pola cidade ourensá vendo que produtos se demandan.
En Vigo, Sonia acompaña a Iago Ramos, un repartidor moi novo que se encarga das entregas diarias da emprendedora empresa "El Marisco no es Caro".
Sobre rodas 44 - A formigoneira de Sarria, o camión de mudanzas de pianos e o piloto de rallys da Pastoriza
Francisco Vázquez leva once anos a lombos dunha formigoneira. En Sarria traballa duro na única empresa de formigóns da comarca. O formigón non espera e o acompañaremos ata unha obra para ver como o cargan, e o botan.
Seguimos en Lugo, pero agora iremos ata a Pastoriza para coñecer a Javier Ramos, un piloto de rally que vai a miúdo ata o circuito a entrenar. Saberemos algo máis da normativa de seguridade viaria cunha demostración que nos fará sobre condución agresiva.
E tamén acompañaremos a Luis Sánchez pai e Luis fillo. Estes coruñeses traballan a cotío nunha empresa de mudanzas de pianos que non entende de horarios, nin viaxes. Carrexaremos un piano con eles ata o Palacio da Ópera da cidad herculina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario