martes, 12 de julio de 2011

XOSE EN CHERNOBIL 2 y 3

XOSE EN LONDRES 47 - Chernóbil 2º parte

Segundo especial de Xosé en Ucrania, seguindo moi de preto todo o que acontece cando se cumpren 25 anos da catástrofe de Chernóbil. Neste capítulo Xosé e César, o fotógrafo de La Voz que xa estivo alí 4 veces antes, falarán con algúns dos pilotos que participaron nas operacións horas despois de producirse a explosión.

Ademais, os nosos protagonistas amosaránnos o Museo de Chernóbil, onde se gardan documentos, obxectos e demais elementos que lembran a catástrofe.
XOSE EN LONDRES 48 - Xosé en Chernóbil III

Terceiro e último especial de Xosé en Chernóbil. Neste último capítulo Xosé e César viaxan ata a propia central, situada na cidade pantasma de Prípiat. César, gracias á súa experiencia e as numerosas visitas que xa realizou á zona de exclusión, desmontará algúns dos mitos que existen en torno á cidade.

Ambos farán unha "visita turística" impactante ao redor da central que nos porá os pelos de punta e que fará que o recordo de Chernóbil non caia no esquecemento.
Wikio

No hay comentarios: