Alberto Meira é piloto de rallys e vive en Ponteareas. Na competición gastaba moito nos talleres e decidiu montar o seu propio. Hoxe coñeceremos tamén o camión que mercou para carrexar os coches de rally cos que compite. E de Pontevedra a Santiago, onde faremos unha mudanza coa empresa de Alfonso López.
O propietario do negocio amosaranos como se traballa nos domicilios contando coa axuda incondicional de Sonia.
En Ourense saberemos máis sobre a Clínica Veterinaria Abros. Da man de Daniel, un dos seus veterinarios coñeceremos as instalacións, e o acompañaremos nun par de servizos, para poder ver ademáis a tenda de animais que teñen no centro da cidade.
Sobre rodas 42 -
Un Sobre Rodas de animais, camioneiros de toda a vida e delicatessen. Desta vez Sonia Noguerol acompañará a Juan Chedas, xerente dunha empresa que ofrece unha perruquería canina e un taxi móbiles, para toda a provincia da Coruña. A nosa presentadora aprenderá os peiteados máis in do momento para os cans.
En Ourense coñeceremos a Arturo Cid, que reparte entre outras delicatessen os Marron Glacés de José Posada. Veremos como se preparan produtos galegos, como castañas e grelos, e quen son os sibaritas que os demandan. En Lugo estaremos con José Luis. Traballa para a empresa de Transporte Frigorífico Friursa, unha entidade cunha flota de trinta camións que reparten, entre outras cousas, xeados por toda Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario