miércoles, 23 de noviembre de 2011

A DESPENSA SALGADA

HISTORIAS DE GALICIA 3

A serie divulgativa da Historias de Galicia quere poñer hoxe o acento sobre o feito de que a comunidade galega estea considerada A Despensa Salgada. Así, o porto de Vigo é líder mundial na descarga de peixe para o consumo humano, pois Galicia tivo sempre un litoral privilexiado para as actividades pesqueira e marisqueira.

Ademais posúe unhas frotas de altura e grande altura dotadas dunhas infraestruturas e medios técnicos que a sitúan na vangarda mundial. O documental significa que esta frota moderna segue a convivir cun sector artesanal de grande importancia social e historia secular.

Na Idade Media os pescadores galegos comezaron a organizarse en gremios e a comerciar coa sardiña, valéndose de técnicas de salgado e secado. Xa no século XVIII, o coñecido como conflito da "xávega" simbolizou a chegada de novas técnicas de captura traídas polos cataláns, impulsores da industria conserveira.

Ademais, a pesca sempre xerou actividades asociadas, como o tecido e a reparación de redes e a carpintería de ribeira.
Os grandes barcos pesqueiros, conxeladores de grande altura, son base fundamental da industria naval actual, e nos últimos anos a acuicultura de peixe en granxas litorais xa é sobranceira no mundo e ten grandes posibilidades de expansión.
Wikio

No hay comentarios: