Charla de enoloxía na de Raimundo. Piden un voluntario para a cata e Pinto, que ten fama de ter bo gusto, preséntase voluntario. Pero Cobiñas que está doutorado nos caneiros, dálle unha clase maxistral de viño a todos.
Algo de moito peso vén no aparello de Pinto e Cobiñas. Fan suposicións do que podería ser: un rodaballo de 20 quilos,unha xerea, un calamar xigante ou Tirso do Couto, que morreu no mar fai uns días e aínda non apareceu
Novas historias de Pinto e Cobiñas. Na de hoxe, así como Newton descubriu a existencia da gravidade pola caída dunha mazá dunha maceira, Pinto descubre a chegada do verán cando a cinta das moscas cae ao chan polo peso dos insectos pegados. E calquera tonto sabe, que no verán, o pulpo queda na area, así que deciden ir pescalo.
Neste novo episodio, Cobiñas contraporá a súa visión filosófico-cognitiva dos fenómenos meteorolóxicos, á visión científica exposta por Pinto.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario