V TELEVISION - BLOG DE XOSE EN LONDRES
XOSE EN LONDRES 61 - En Finlandia 2Xosé segue por terras finesas. Neste capítulo coñecerá a capital, Helsinki. A través dunha visita relámpago (ten que coller o avión de volta) Xosé coñecerá os lugares máis turísticos e fermosos, entre os que se atopa a fortaleza de Suomenlinna, con certa semellanza ao castelo de San Felipe de Ferrol.
Ademais, a piques estará de dar un baño xa que non só lle acompañarán as temperaturas senón que ademais estará nalgunha praia, porque Finlandia ten praias...
XOSE EN LONDRES 62 - Capote y toros
Neste capítulo Xosé vai «De bares» en Londres. Vaino facer na compaña dun murciano que coñeceu noutro capítulo e que lle ensinará un dos restaurantes con comida española máis coñecidos da cidade londiniense, o «Capotes y Toros».
Como era de agardar, nese bar tamén traballan galegos. Con eles falará Xosé, ademais de axudar na cociña... axudar, comendo as tapas que prepararán para unha festa privada dun neoiorquino.
Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario